top of page

Xoán Xosé Arias Barreiro

Nado en Bueu no ano 1.938. Cursa estudios de bacharelato, obtendo o Título de Grao Superior no Instituto de Pontevedra. En Madrid fai oposicións ó Corpo Xeral da Armada e Corpo de Maquinas. Estudou Maxisterio, máis tarde trasládase a Vigo, onde reside na actualidade, alternando a ensinanza co  traballo de Administrativo.
Ten varios premios literarios, tamén, con poesías en lingua castelá.  O poema, “
LEMBRANZAS DO MAR DE BUEU”, foi premiado polo Padroado Rosalía de Castro, e parte da súa obra foi publicada no Centro Galego de Bos Aires, así como na Hermandad Gallega de Caracas.
Colaborou cos seus artigos nalgunhas revistas. Como aportación ao libro "Xentes dun pobo: Bueu" pode lerse o poema "
Ventos de Ons" de Poemario de Bueu.

Bibliografía

"Lume na fogueira" (1973) prologado polo profesor Filgueira Valverde
"
Poemario de Bueu" (1973-75)
"
Tardes de otoño" (1974)
"Nostalgia e ironía" (2001)
"Fogueira de paixón" (2002)

bottom of page