Aquí poderedes ollar os dicionarios : lafra-galego e galego-lafra.
Algúns vos preguntaredes que é, de onde ven, quen inventou... iso da lafra... : Polos anos trinta do século pasado os irmáns Agustín e Paulino Vidal "Caldo Frío", Palmeira "O Vello", Chapela "O Vello", Servilio Buceta... case que sen premeditación comezaron a nomear algunhas palabras doutra forma para que os donos das casas onde traballaban no souperan o que dicían e así avisar da súa presenza, chufarse, sentirse unidos polo traballo e pola fala,...
Agora mostro estes dicionarios non só para dar a coñecer algunhas palabras ("lafras") senón para que servan como unha homenaxe aos albaneis e pedreiros de todos os tempos en Bueu e a todos aqueles que aínda a manteñen na memoria coma os Seso, Pepe, Servilios,...
Dicionario da LAFRA de BUEU
"xerga de oficio" dos nosos albaneis