Xosé Manuel Millán Otero nado na parroquia de Beluso no ano 1964. Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa. Profesor de Lingua e Literatura no IES de Moaña. Alcalde do concello de Moaña, do BNG (2003-11).
Con “As palabras no espello” gañou o VII Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón convocado polo concello de Dodro. Con "Este é o tempo do sal", no 1992, acadou o accesit do Premio Esquío de Poesía (Sociedade Valle Inclán-Ferrol) con que se editou con prólogo de Bernardino Graña. No 1989 gañou o 1º Premio no XII Concurso Nacional de Poesía "O Facho". Colaborador do xornal A Nosa Terra. Dedicou estudos a diversas figuras da literatura galega (Castelao, Cabanillas, V. Risco, Blanco Amor,…). Edicións Xerais publicoulle en 1995 unha edición crítica da obra de B. Graña "Profecía do mar". No 1996 escribe “O anuncio dos novos tempos: Ramón Cabanillas”, in Historia da Literatura Galega, (dir. A. Ansede e C. Sánchez), Vigo: AS-PG, vol. 2, pp.
OBSERVACIÓNS
Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica