top of page

Amador Lorenzo Lemos

Amador Lorenzo Lemos nado en As Meáns-Bueu o 9 de setembro de 1954. Como a moitos rapaces gustáballe dende moi novo o fútbol. Co seu irmán Francisco pronto comezaron a ser tidos en conta no Bueu. Con apenas 13 anos fichou polo filial do Pontevedra e logo pasou a este que militaba na segunda división. Na tempada 1974-75 estivo no Castilla e logo no Real Madrid, como terceiro porteiro, no que debutou, ante o Valencia, o 6 de novembro de 1977. Ao final desa tempada foi traspasado ao Hércules no que xogou dúas tempadas. Foi porteiro na selección B de España e durante seis tempadas (1980-86) suplente no FC Barcelona co que xogou oito partidos.

Na súa etapa no FC Barcelona gañaron títulos como: dúas Ligas, dúas Copas do Rei, Supercopa, Recopa de Europa,...

As tempadas de 1986 a 1990 as pasou como porteiro titular no Real Murcia (3 en 1ª división e unha en 2ª) club no que se retirou.

Xa retirado do fútbol centrou os seus esforzos no mundo empresarial pero, afectivamente sempre estivo ligado ao deporte chegando a adestrar  a rapaces do seu pobo ou seguindo prestando servicios como observador ao FC Barcelona.

No Barcelona - 1985

No Real Madrid - 1976

Charla aos alumnos do colexio do seu pobo

CEIP A Pedra - 2002

Entrevistas-Prensa-Radio

bottom of page