top of page

Belarmino Barreiro Rosales

Belarmino naceu en A Torre-Cela-Bueu no 1969, primeiro Arquiveiro Municipal do Concello de Bueu. Pertenceu a un grupo de entusiastas estudiosos que no ano 1991 sacaron á luz un libro “En la ruta del románico: LA IGLESIA SANJUANISTA DE STª MARÍA DE CELA”, editada pola Deputación Provincial.
Nel fan unha reseña histórica da parroquia de Cela e un estudio artístico da igrexa de Stª María, marabilla arquitectónica do románico do século XII. O seu estudio complétase coa organización da parroquia como unidade relixiosa, ermida de S. Lourenzo, capelas da Virxe do Portal, mosteiro de Ermelo,...
Reseña histórica da Parroquia de Cela. Estudio artístico de Stª María de Cela. 
Tamén participou noutros proxectos divulgativos da parroquia de Cela, Meiro,... así como en charlas e mesas redondas como a de "
Santiago de Hermelo".

 

En la ruta del románico: LA IGLESIA SANJUANISTA DE STª MARÍA DE CELA

 

Da obra de Xosé Diz Paz "A proba dos viños. O choco de Barrabás e outras composicións", a parte de afrontar a súa maquetación e publicación, tamén encargouse de darnos unha descrición desta obra no ámbito da literatura popular.

 

Exemplo de artigos: Na revista nº 0 de "A lingua do corvo": "Meiro corvo" e no nº 1 "O achado de San Antoniño de Meiro"

 

Coautor do libro: "Os muíños de auga na Parroquia de Cela"

 

Coautor do libro: "Narrativa de tradición oral na parroquia de Cela"

 

Nos libriños das Festas dos Mozos de Cela ou na do Tinta Femia asina os seguintes artigos: "O tintafemia: Unha flor de Cela " (1990) e "A organización parroquial de Cela na segunda e terceira década do século XX" (2002). "O pleito do viño" (2017)

 

No libro para celebrar o X Aniversario da Asociación "As Lagoas" asina o artigo "Retrospectiva a dez anos de Asociacións Culturais" (1990)

 

Na revista Cooperativismo e Economía Social nº 18, o artigo "O monte veciñal en man común no marco xurídico da parroquia" (1998)

 

Outros "Rexistros buenenses no Ano Sarmiento" (2002)

 

Recompilou, anotou e editou parte da obra de Xosé Diz Paz no libro titulado "A proba dos viños. O Choco de Barrabás e outras composicións" (2015)

 

Múltiples son os artigos na prensa como os que englobaba como "A Escribanía" no Diario de Pontevedra. Exemplos doutros xornais, como Faro de Vigo, temos: "Hermelo: testemuño dunha xurisdición onde habita o olvido" (Faro de Vigo 23-7-2017) ou "A gripe en Bueu hai cen anos" (Faro de Vigo 23-2-2020).

Bibliografía

bottom of page