OBSERVACIÓNS
O autor Fidel Simes é un bueuense que fixo o proxecto fin de carreira sobre O bote polbeiro de Bueu embarcación que forma parte da longa tipoloxía de embarcacións galegas, entre as que se encontran o barlote, o traiñón, a traíña, a buceta, o trincado,a dorna... Estas embarcacións xurdiron en cada momento como resposta ás necesidades das pequenas comunidades costeiras en relación coa pesca, o transporte de pasaxeiros e o transporte de mercadorías, e desapareceron cando o fixeron os condicionamentos que xustificaron a súa aparición. Forman hoxe un apartado de primeira importancia no patrimonio marítimo de Galicia. Fidel Simes desenvolveu un interesante traballo sobre o bote polbeiro de Bueu desde o enfoque da arquitectura naval e os métodos de construción empregados polos carpinteiros de ribeira.
Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica