top of page
OBSERVACIÓNS
Recolle as ponencias presentadas nas Jornadas Buenos Aires Gallega baixo o título de “Inmigración, pasado y presente”, celebradas en Bos Aires do 14 ao 16 de agosto de 2007.
Nas ponencias cítase ao bueuense Manuel A. Bares :
Na páx. 38, coma da élite e líder da colectividade galega en La Argentina. Na páx. 128 coma xornalista e membro de institucións españolas na Arxentina. Na páx. 289, citado con outros coma emigrado republicano. Máis será nas páxs. 274-277 cando se fai case unha transcrición comentada dunha entrevista de Manuel A. Bares a Cisneros Luces en “El Correo Español de Buenos Aires” do 3 de xuño de 1897 onde Bares defende a emigración galega hacia América.
bottom of page