top of page

Luís Davila - O Bicheiro

Bibliografía

Nado en Bueu no 1972. Luís Davila logo de rematar os estudos de Deseño Gráfico na Escola Pablo Picasso da Coruña, comeza a traballar para axencias de publicidade. En 1997 comeza en Faro de Vigo; ó ano seguinte inicia as tiras diarias de humor gráfico onde arrinca milleiros de sorrisas con O BICHERO e O FOTOMATON ... No 2007, empeza na revista de humor Retranca (2 páx.) e no 2008 coa revista dáse unha separata-libro monográfica de Davila : Jalisia kanibal. Colabora en diferentes salóns de banda deseñada e humor.
Dende o 2009 ata este ano, FECIMO ven a publicar un libros de tiras deseñadas que acadan unha grande aceptación ata chegar a esgotalos prontamente.
Máis Davila non só é un perspicaz deseñador gráfico senón unha excelente persoa que non dubida en participar en charlas nos colexios poñendo as súas viñetas e ingenio ao servizo de causas nobres.
Relevante é a súa faceta coma pintor que cun estilo moi persoal e uns cores fortes estiliza as imaxes e o seu contorno de xeito que a base de superposicións suxerentes quedan espidos do superfluo...

Premendo aquí poderedes ler unha entrevista  en DelMorrazo.com.

Retranca : Jalisia kanibal (O nº1 é monográfico)
Bicheiro 1 (2009)          
      Bicheiro 2 (2010)                               Bicheiro 3 (2011)
Bicheiro 4 (2014)                 Bicheiro 5 (2015)                               Bicheiro 6 (2016)
Bicheiro 7 (2017)                  Bicheiro 8 (2018)                             
Bicheiro 9 (2019)

Bicheiro X (2020)
Centos de Tiras gráficas na prensa diaria

 

Davila-Ons.jpg
bottom of page