Xosé Carlos Durán Gallego
Xosé Carlos naceu en Bueu no 1960, mestre especialista en E. Infantil. Pertenceu a un grupo de entusiastas estudiosos que no ano 1991 sacaron á luz un libro “En la ruta del románico: LA IGLESIA SANJUANISTA DE STª MARÍA DE CELA”, editada pola Deputación Provincial.
Nel fan unha reseña histórica da parroquia de Cela e un estudio artístico da igrexa de Stª María, marabilla arquitectónica do románico do século XII. O seu estudio complétase coa organización da parroquia como unidade relixiosa, ermida de S. Lourenzo, capelas da Virxe do Portal, mosteiro de Ermelo,...
Reseña histórica da Parroquia de Cela. Estudio artístico de Stª María de Cela.
Tamén participou noutros proxectos divulgativos da parroquia de Cela
Bibliografía
-
“En la ruta del románico: LA IGLESIA SANJUANISTA DE STª MARÍA DE CELA”
-
Coautor do libro: "Os muíños de auga na Parroquia de Cela"
-
Coautor do libro: "Narrativa de tradición oral na parroquia de Cela"