OBSERVACIÓNS
Rosa Elvira Caamaño nace no Bueu do 1954. Pintora e profesora titular de Técnicas Pictóricas na facultade de Belas Artes de Pontevedra.
No libro fai un percorrido pola biografía e a obra de importantes mulleres pintoras. Fundamentalmente centrase en 33 pintoras, ainda que cita algunhas máis. Novedoso é ver presentado o papel das pintoras coas súas aportacións relevantes ao mundo da Arte algo que, segundo a autora, "non foi inusual nin aillado".
O libro ten moitas ilustracións que nos achegan un pouco máis ás imaxes ou ás obras das pintoras. Remátase con algo máis de media ducia de láminas en cor que son un perfecto colofón a un traballo rigoroso e ben feito.
Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica