top of page

I Premio poesía Johán Carballeira-1996

Xosé Carlos Caneiro

Xosé C. Caneiro

 Xosé Carlos Caneiro

(Verín, Ourense, 1963), poeta, narrador e xornalista, é diplomádo en EXB. Realizou estudos de Xeografía e Historia. Profesor Asociación Cultural Monterrei.A súa obra poética foi galardoada, entre outros cos premios Celso Emilio Ferreiro, Cidade de Ourense, Rosalía de Castro e Johán Carballeira do Concello de Bueu e en calidade de narrador obtivo polas súas novelas "O infortunio da soidade (1992) e Un xogo de apócrifos (1997) o Premio Xerais de novela e o Torrente Ballester de narrativa, respectivamente.

 

Obra poética:

-O esculpido sorriso dos teus beizos (1984)-Da túa ausencia (1991)-Estación sur (1994)...-A valga do triste amor (1997)

...Non debo gritar o teu nome aínda

nin pousar en branco a miña voz

no futuro como se fose certo

que hai futuro e porvir e días claro

se talvez o enigma dos teus olliños

de marrón debuxando dulcamaras e trigo

e bolboretas que non dan por resolta

a causa primeira da nosa estima

 

Non debo gritar o teu nome aínda

pero rebelde de vocación e oficio

digo e repito o teu nome e dicir quixera

a palabra máxica que xuntos

nos confundise meu amor

por sempre....


 

                                           Espiral Maior

bottom of page