II Premio poesía Johán Carballeira-1997
Yolanda Castaño
Yolanda Castaño
Santiago de Compostela, 1977Estudou Filoloxía Hispánica na Universidade da Coruña. Colabora como poeta e crítica literaria en revistas como Festa da Palabra Silenciada, Dorna, A Xanela, La Flama en el espejo, Clave Orión e Quimera e en xornais galegos como O Correo Galego, A nosa Terra e El Mundo.
Gañou premios de poesía coma o Fermín Bouza Brey (1997) e Johán Carballeira (1997)
Obra poética:
-Elevar as pálpebras (1995)
-Delicia (1998)
-En antoloxías. Rosalía na palabra de once poetas galegas (1997), Para saír do século. Nova propósta poética (1997) ...
ALIMENTAMOS ó animal.
Un silencio encendido de todos os gustos posibles.
Un silencio que se move.
E eu reclamo un crisantemo de oufanías.
Espérame así,
desplumado as asas da noite,
para dar un trago a esta febre que non cala,
ambición de suxedade que incubamos sen vergonza
unha gula insensata e lámbeme por aquí
alimentar noso animal con esta enferma dor que
doe e alimenta.
Vén,
tes que probar isto.
Vén.
Dar un sorbo a unha gana que nunca nos pertence:
danza amarga de serpes
que me fala de ti.
Espiral Maior