III Premio poesía Johán Carballeira-1998
Emma Pedreira Lombardía
Emma Pedreira Lombardía
A Coruña, 1978. Estudou Filoloxía Hispánica na universidade da Coruña. Pertenceu ao grupo poético Verme Verde. Animadora do Colectivo Poético Humilladoiro. Editora e ilustradora dos boletíns PolpA, Alentía e Aldehido&Wicca, publicou artigos, poemas e narracións en revistas como A Xanela, Suburbio, Lúa Nova, CAdernos de Atlantis... Premios de Poesía "Mulleres vistas por Mulleres" (1997), "Facultade de Filosofía" (1997/99), "Mais alá" (1998), Johán Carballeira (1998), Tanxedoira", Os Cadernos d''Amor e os Velenos (2001)...
Obra poética:
-Diario Bautismal dunha anarquista morta (1998)
-Grimorio (2000)
-Corpo (2001)
-As posturas do día (2001) ...
PENÉLOPE D´INSANIA
A miña nai non quixo nunca que destes ollos partira a atrocidade das cousas.
Contoume que ao meu pai gardáranlle a sombra durante anos
na artesa do pan, e falou tamén da súa infinita espera
contra a voz dos antergos
xogando coa tranquila indiferencia das estrañas horas que removen os soños.
Faloume do exilio no que esnaquizar a palabra aos pés de todas as árbores.
De cómo queimar dunha vez por todas os bosques inmensos da cordura
e facer pendurar na cinza a imposibilidade dun odio que me rexeita desde nena.
..
Espiral Maior