IV Premio poesía Johán Carballeira-1999
Adolfo Caamaño Vázquez
Adolfo Caamaño Vázquez
Barro, 1959. Licenciado en Xeografía e Historia, actualmente exerce coma mestre de Ensino Secundario no Colexio San Narciso en Marín. Colabora en multitude de xornais galegos: A Nosa Terra, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia...
É fundador da revista de creación literaria Hidromel.
Premio de Relato Vila das Neves en 1991, por Frei Cibrán de Setados. Premio Johán Carballeira (1999). Premio de poesía Concello de Marín (1999). Premio de Relato Vila das Neves (1991). Premio Benito Soto da Asociación de Libreiros de Pontevedra ao mellor libro do ano 2004...
Obra poética:
-Poemario irlandés (2000)
-Poemario compostelán (2006)
...
CÚMPRESE co precepto natural
soamente paseando a salgada sombra
deste océano desnortado.
O mundo é unha gamela
cunha vela na testa do ceo
e un trazo timoneiro no embigo
da mar singrando
a Ría de Dunmanus.
E eu sinto chegar o fragor
da grande onda portadora
sobre a albeada testa
do escume das deidades primeiras
fume dos fósiles altares
fume das herméticas fogueiras
de consellos dos anciáns
e resón dos antigos monarcas
de gaélicos falares.
....
Espiral Maior