top of page

IX Premio poesía Johán Carballeira-2004

Diego Cousillas Novo

Diego Cousillas

Diego Cousillas Novo

 

Nado en Malpica no 1980. Profesor de Lingua e Literatura Galega.
Colabora en revistas literarias. Participa en recitais poéticos

 

 

Obra poética:

-Faltas de ortografía (2008)

QUE SUCEDA POR AZAR
.....
Quixera que foses por longos
Anos a lectora clandestina
Dos meus poemas,
E que ese libro improbable e futuro
Destinado a engrosar o número
Da mala literatura
No andel dunha librería antiga,
Para aprobio deste mal poeta que busca
O suicidio diario no anonimato,
Se salve do espolio
A que nos condena o tempo
Grazas ao teu pequeno furto,
E fique alleo á faena, humana
Máis que literaria, de loitar,
Por sobrevivir, contra o olvido.

 

                                           Espiral Maior

bottom of page