top of page

A poesía de Jorge José Loira Gago

Jorge J. Loira Gago

Ayer y Después

Silencio

Reflexiones

Gratificaciones

de primavera

Maite

Poemas varios

Quimera

Confidencias

Nado en Bueu no ano 1963 e falecido no 1982 cando practicaba o submarinismo. Neses momentos estudante de Psicoloxía na Universidade de Salamanca onde dirixía a revista universitaria ‘Natural-mente’.
Soubo achegarse, e ben, aos camiños da Arte. Unha arte entrelazada onde a pintura e a escultura son a dimensión da súa poesía. Poesía que se supera a si mesma, que investiga e busca novos xeitos do dicir e que, aínda que poeta xove, consegue xogar coas inquedanzas do ser para levalo con ollo polifémico a escrutar sentimentos, medos, ilusións, premonicións...
Como persoa deixou sinal nos que o coñeceron polo que facemos nosas as palabras do seu amigo Torrente Ballester (Tres notas sueltas no ABC, Sábado Cultural do 4-9-1982) dicía del:” Vouno a votar de menos, estas mañás de inverno... e non deixa de ser posible, senón case seguro, que un posto destinguido, na historia da poesía española, quedou vacante antes de tempo e case en flor cortado"'.
Todo aquel que se achegue aos seus poemas atopará plasmados os ritmos flutuantes dunha persoa moza que con intelixencia ispe os seus sentimentos afondando nas súas experiencias máis vitais que as máis das veces se presentan moi lúcidas e ata clarividentes.

TETRAEDRO   e    LA TIERRA DEL OLPÚ

"Silencio" (Inédito)                      -   "Ayer y Depués" (Inédito)

"Cofre de palabras" (Inédito)      -   "Confidencias" (Inédito)

"Quimera" (Inédito)                     -   "Maite" (Inédito)

"Reflexiones"  (Inédito)               -   "Gratificaciones de primavera" (Inédito)

"Pepitas de luz" (Inédito)             -   "Gotas de pena" (Inédito)...

Bibliografía

GOTAS DE PENA      -       PEPITAS DE LUZ     -      COFRE DE PALABRAS

bottom of page