José Solla
José Solla Crespo nado no lugar de Castro, parroquia de Seixo (Marín) o 31-10-1927 e faleceu o 9-9-2021. Dende mediados do século pasado residiu en Mar de Plata (Arxentina). Durante moitos anos, alternou a súa residencia na Arxentina coa de Bueu onde pasa longas tempadas na súa casa.
No 2012 a corporación municipal acordou darlle o seu nome ao paseo litoral que une Agrelo e Portomaior, lugar por onde non é estraño velo pasear cando se atopa por esta, súa segunda terra.
O 22 de abril do 2003 recibiu o recoñecemento como “Ciudadano Ilustre de Mar del Plata”, outorgado pola municipalidade do Partido de General Pueyrredón.
Súa faceta de artista é recoñecida internacionalmente. Moitísimos son os premios acadados, en múltiples países, ao longo da súa carreira como pintor.
Comezou os seus estudos na Escuela Superior de Artes Visuales Martín Malharro e logo co mestres Demetrio Urruchúa. Estivo tamén becado na península, para estudar a arte románica e gótica, polo Centro Iberoamericano de Cooperación, bienio 1976-78.
Dende finais dos anos 70 é artista exclusivo da prestixiosa Galería de Wildenstein & Company (Nova Iorque).
Expuxo de forma individual en moitas grandes cidades ao longo dos continentes europeo (Madrid, Bruselas,...), americano (Bós Aires, N.Y., Monreal, Santiago de Chile, Río de Janeiro...) ou asiático (Seúl,...).
Mostra do seu bo facer o temos en que a súa obra colga en máis de trinta museos e institucións oficiais e en moitísimas coleccións privadas.
A única exposición que coñezo na súa terra, Marín, foi unha retrospectiva da súa obra (56) no agosto do 2001 que levou por título “Mitos e realidades” e na que se facía un percorrido polas distintas etapas pictóricas de Solla.
En Bueu, e dende outubro do 2015, podemos gozar da súa macroescultura “Inés-Palmira” localizada na Praza Massó. Os muros da escultura constan de máis de 500 gravados.
Paseo pintor José Solla - 2012
José Solla co alumnado do CEIP A Pedra de Bueu - 2015
Web de Pablo Javier Junco: http://fotosviejasdemardelplata.blogspot.com.es/2014/11/jose-solla.html
Premer na imaxe ou texto dos libros/catálogos para acceder
á ficha, texto completo ou escolma, ... dos mesmos.
Páxina web:
Todo o que ven a continuación está autorizado e facilitado por José Solla.
Solla /Artistas Galegos
2001
Mostra da obra artística de José Solla
(máis de 350 pinturas e debuxos)
Colocando o cursor enriba da foto móstrase: ano-título-explicación da obra.
Por defecto ten autorreprodución das imaxes. Para ampliar: doble clic e avance coas frechas