top of page

MARC TAEGER

Marc-02.jpg

Marc Taeger nado en Berna (Suiza) no 1963. Logo de vivir en moitas ciudades de distintos paises europeos: España (Barcelona), Italia (Milán), Portugal (Lisboa), Alemaña (Schriesheim), etc. fixou a súa residencia en Bueu onde vive coa familia.

A súa paixón pola arte levouno a estudar deseño e ilustración en Barcelona e en Trier (Alemaña) onde se diplomou no 1987. 

Moitas e diversas son as actividades que realiza en Bueu das que destacan o seu labor docente, muralista, ilustrador, etc. cooperando cos Centros Escolares, FICBUEU, asociacións culturais, concello,...

Recordado é o seu paso, con Olalla, polo mundo da 'tenda cultural'  «O lobo Coxo» onde á literatura, o deseño, a ilustración e os contacontos atraían a moitos nenos e pais.

Premiado en repetidas ocasións; a destacar o Premio Daniel Gil de ilustración, dous premios LAUS dos Diseñadores Gráficos de España e o Frei Martín Sarmiento de Literatura Infantil (con Olalla González).

bottom of page