OBSERVACIÓNS
Asun Estévez Estévez nada en Bueu o 18-11-1966. Auxiliar de enfermeira Xeriátrica. Secretaria da Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama (ADICAM). No 2008 sae o seu primeiro libro "Pel de muller" (Ir Indo, 2008); "Noites, amenceres… e algo máis" (Ir Indo, 2010); logo aparece “Medrar nas mans” (2013). Son libros onde os sentimento acadan a poesía.
No 2010 tamén escribiu un conto, en galego e castelán, ilustrado por Mª Xosé Fernández titulado "Bicos de sol" (Ir Indo).
O limiar do libro “Medrar nas mans” é do escritor e académico Xosé Neira Vilas. Na presentación-recital do libro en Bueu (27-10-2013) tamén estivo o presidente da Real Academia Alonso Montero.
Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica