OBSERVACIÓNS
Os bueuenses Manuel Aldao Portas, Salvador Castro Otero (coord.) e outos son os autores, unha vez máis, dun libro que serve de presentación dos catro concellos de O Morrazo. Nel se nos achega a estes concellos non só ao través da paisaxe ou da xeografía senón ao través do legado do facer de xeracións, da "man da humanidade"…
Bueu rezuma nos "Espazos naturais" de Udra e Ons (páx 12 e 14), na "Vistas" de Chans e Esculca (páx. 30 e 32), nas súas "Praias" Lapamán, Agrelo-Porto Maior, A Mourisca e Area de Bon (páx. 47 á 52), "Espazos urbáns" (páx. 74-75) e os seus "Monumentos" desde St. Mª de Cela, Calvario de Bueu, Capela dos Santos Reis e o Pazo de Santa Cruz (páx. 94-99).
Todo o texto rezuma cultura con maiúsculas pois son ríos que beben dos regos de zume doce (néctar) de autores coma Benedetti, Calvino, Cabanillas, Torrente, Wagner, Celso Emilio…