top of page

A poesía de Miriam Ferradáns Ferradás

Miriam Ferradáns nada en Aldán pero pronto pasou a vivir en Bon-Beluso e exerce de bueuense, ata foi concellala de Promoción Económica e Turismo. Graduada en Traballo Social.

Dende moi nova dou mostras do seu bo facer coas letras. Exemplo disto o temos cando gañou o 1º Premio (na selección do Ciclo Medio) do Concurso de Redacción patrocinado por Caixa Vigo con "Xa non recordo si foi certo ou un sono" (Publicado logo na revista Fiadeiro -1993-L).

Hoxe en día alá por onde espalla os seus poemas estes brotan co recoñecemento dos xurados  encargados de cribalos tal como o demostra:
o Premio no V Certame Manuel Leiras Pulpeiro de Mondoñedo (2016) con "
Do tacto" ; ou o Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé coa obra "Nomes de fume" (2016);  O  3º Premio Poesía do certame de creatividade  “Xuventude Crea 2012”, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado coa obra "Novecomaoito" (que ten a súa orixe cando lle diagnosticaron un cáncer á súa nai).
E o 1º Premio de Poesía na XXVII e XXVIII edicións do Certame de Poesía en Lingua Galega  patrocinado pola Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) co poema "
Decibel" ou ‘Aínda pintas nas gomas bonequiños…
(Entrevista na radio). Poema, que segundo a autora "Fala da inocencia. Ou máis ben da súa perda, de como un neno vai perder a inocencia" e co poema "Ruído" que trata de ser unha metáfora da guerra "Pero das guerras internas ou que outros che declaran e ás que non che queda máis remedio que ir" e que dalgún xeito "trata sobre o ruído e as interferencias que ás veces atopámonos no camiño que non nos deixan pensar ou actuar correctamente" .

2º Premio de Poesía na XXX Edición do certame Rosalía de Castro de Cornellá co texto: "Situarémonos fronte ao frío, berrando"

Premio no 2021 na categoría sénior dos XXIX Xogos Florais María Pita
 
Colaborou no libro "Lembranzas 1890-1945-Bueu" co poema: "O teu nome é minúsculo".

Publicou poemas tamén na revista Dorna.
Forma parte do elenco de autores no libro '6 poemas de 6'. Homenaxe a García Lorca'

Co pseudónimo 'Camille Claudel" acada o 6 de maio de 2016 o 31 Premio de Poesía do Concello de Ames.

 

BIBLIOGRAFÍA

'6 poemas de 6'

- ' Deshabitar unha casa' do Premio Francisco Añón

- 'Nomes de Fume' do Premio Pérez Parallé

- 'Agosto'

Miriam Ferradans Ferradas

1º Premio de Poesía Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá (Barcelona) - 2013

Aínda pintas nas gomas bonequiños…

Caerache a inocencia como che caeron os dentes, con moito medo e pouco sangue

  e nin cántico, nin deus, nin rezo irán de fóra a adentro. 
  Presentirás que debes aprender a sinfonía lentamente,
  ata axustar os teus violíns á nova orquesta.

DECIBEL

(Fragmento)

Presentación 'Agosto' - Ismael Ramos
00:00
bottom of page