Enrique Massó Bolíbar
Fillo de Gaspar Massó, nace en Bueu no ano 1930, amante da Arqueoloxía, da Lingüística e de todo o referente á Historia columbina; publica en 1960 “Retrouso a Colón”, e varios poemas en revistas como “Papeles de San Armadans”, “Celtiga” e “Vieiros”, propuxo un sistema gráfico ( -m, ão, ç, ...) escribindo sobre este tema “Problemas da ortografía galega”.
Este bueuense coñecedor da obra e admirador de Colón ao que tamén califica coma “grande poeta”.
Dedicatoria do libro: “Ista miña ADICAZÓN/ É para as dornas de Bueu / Que na proa teeñen Sol / E detrás un mariñeiro/ Sen efemérides / Sô. .
No ano 2011 donou ao Museo Massón a súa biblioteca colombina (con máis de 600 libros).
Bibliografía
-
“Retrouso a Colón” (1960)
-
En "Papeles de Son Armadans: Auga Poza" (Anric Massó)
-
En Céltica: "Camelia passeada" (Hernrique Massó)
-
En Vieiros: "Problemas da ortografía galega" . "Lobo Gris"
-
"Las aras del santuario galaico-romano de Donón (Hío-Cangas)" por Enrique Massó Bolibar, Bouza Brey e Álvarez Blázquez