José María Massó García
Nado en Bueu o 31 de decembro de 1899, falecendo no 1981. Casado con Dona Ángeles Bolíbar Sequeiros. A súa vida transcorreu na nosa vila, ausentándose soamente con fins de traballo e para poder amplia-los seus coñecementos. Durante moitos años foi o Alcalde de Bueu, faceta que compaxinaba coas outras súas paixóns: o deporte, o modelismo naval, a arqueoloxía, historia e o estudio das tradicións populares. O contacto diario co mundo do mar desde unha perspectiva privilexiada dálle un gran coñecemento deste e da súa xente que, unido ó seu afán estudioso e investigador, levouno a fundar xunto cos seus irmáns o "Museo Massó", o mellor museo mariñeiro, de propiedade privada, de toda España, nestes momentos a punto de pasar a formar parte do patrimonio da Xunta de Galicia.
Dous traballos importantes fixo José Mª Massó, un deles dedicado á historia de Bueu, inédito e o outro dedicado ó mar titulado "Barcos de Galicia de la prehistoria hasta hoy y del Miño al Finisterre" que feito coa fin de constituír unha pequena historia do modelismo naval, pasou a ser unha enciclopedia da Arte Naval.
O seu labor segue viva cos traballos de recompilación e investigación do seu fillo Tomás Massó Bolíbar.
Bibliografía
-
"Barcos de Galicia de la prehistoria hasta hoy y del Miño al Finisterre"