OBSERVACIÓNS
Bares Giraldez, Manuel A. (Bueu, 27-1-1855/+Bos Aires 6-4-1945).
Exemplar asinado e dedicado polo autor á “Biblioteca Popular” de Bueu.
En 1889, volveu a Galicia, e en Madrid publicou un libro titulado "Prosa", animado por Curros Enríquez. Xa na Arxentina, publicou "Más prosa" (Bos Aires, 1889); "Los Sermones del Padre Gonzalo” (Bos Aires 1907), “Delenda est Germania. Contribución al estudio de la guerra europea de 1914" (Bos Aires, 1917-18), "La Nación española y el Nacionalismo vasco" (Bos Aires, 1922); "Las formas de y la guerra" (Bos Aires, 1921), e un pequeno folleto dedicado a facer unha breve semblanza de Emilio Castelar.
O 25 de Abril de 1925, foi elixido socio da Real Academia Galega.
Premer na fotografía do autor ou no nome para acceder á súa ficha bio-bibliográfica