Miguel Ángel Nuño Vázquez-Garza
Miguel Ángel Nuño Vázquez-Garza é diplomado en óptica pola Universidad Com-plutense de Madrid e diplomado en óptica e optometría pola Universidad de Alicante.
A súa característica investigadora nace fai anos a raíz dunha das súas afección á restauración de motos clásicas, concretamente a BMW R75 militar da que traduciu do alemán o libro de despece e o manual de taller; posteriormente repetiría con outra motocicletas como a BMW R75 e Zündapp KS 750.
A raíz da concesión do premio de “amigos de Pontevedra” ao seu irmán Javier pola súa traxectoria na medicina decide indagar nas diferentes ramas familiares a fin de elaborar un libro aberto, para que os descendentes puidesen seguir escribindo nos mesmos e nos que puideran xurdir no futuro. Así naceu “Historias y anécdotas de una familia pontevedresa”, actualmente ocupando dous volumes e 1.073 páxinas escritas. Comezou polo seu avó paterno “Lope Nuño Gómez” polo que sentía unha particular admiración dada a súa vida de loitador despois de ser illo natural do que, no seu momento, ostentaba o maiorazgo do Pazo do Casal en Bueu. A raíz deste, e outros achados, é polo que decidiu iniciar unha nova investigación para coñecer realmente quen fora o pai biolóxico do seu avó e que deu lugar ao libro “De los Aldao a los Nuño”.
Outras afeccións son a fotografía e o mar. Na actualidade tamén é Capitán de Iate e mergullador deportivo.
Escribiu 4 libros, con máis de 600 páx. cada un, onde os tres primeiros volumes están dedicados á navegación astronómica en alta mar e o cuarto, de construción naval, meteoroloxía, teoría da navegación, inglés náutico e radiocomunicacións marítimas.