OBSERVACIÓNS
”Francisco Rodríguez xuntou neste libro algúns dos seus traballos publicados en diversos medios durante os últimos anos, sempre relacionados coa cultura. A maior parte son críticas de libros de literatura e ensaio sobre os temas máis diversos: arte, música, cine, totalitarismos, guerras,..
Hai aquí tamén reflexións sobre aspectos relacionados coa cultura e os medios de comunicación, así como textos teóricos sobre a crítica, a creación e o mundo da información da cultura.
Con este libro o profesor Rodríguez Pastoriza elabora un mostrario de práctica periodística que, dalgunha maneira, completa a visión teórica dun dos seus anteriores traballos publicados co título de Periodismo cultural”. (Da contraportada do libro)
A portada foi debuxada por Xulio Formoso