Fernando Otero Otero
Fernando Otero nace na Canceliña-Bueu a inícios do 1954. Titulado Náutico Pesqueiro, e da Mariña Mercante. Como artista plástico expuso a mostra titulada Rincóns de Bueu. Moitos dos cadros se poden ver coma ilustración do seu libro: De Petís á Carrasqueira. O libro é unha recompilación de historias, vivencias, personaxes, etc. do noso concello dos anos 60-70 ou como o mesmo Fernando dixo na presentación: “Este libro fala dos cambios que sufriu a nosa vila a finais dos anos sesenta, dos carros de bois na praia turrando das dornas polbeiras, dun xeito de vida e de vila que xa desapareceu, cando Bueu exportaba mariñeiros, emigrantes e conservas,...”.
Artigos na revista "A lingua do corvo": no nº 9 "Polos camiños de Meiro" e no nº 10 "División 105. Epopeia dun soldado de Bueu na guerra civil"
No apartado IMAXES pódense ollar "Bueu nos debuxos de Fernando Otero" con máis dun cento de debuxos do pobo de Bueu dos que é autor.
Bibliografía
-
"De petís a Carrasqueira"