top of page

OBSERVACIÓNS

Lembrar que Said Armesto foi un grande home, crítico literario, orador, recompilador das nosas tradicións musicais coma ninguén…froito desas recompilacións  é esta colección de romances, balada e cancións recollidas da tradición oral.
Na páx. 217 do libro “Poesía popular galega”  recolle en Bueu da boca de Josefa Loira (Josefa Loira Juncal nada en Cela o 8-3-1844), de 70 años, labrega, o romance titulado “CONDE NIÑO”.
Víctor Sáid Armesto, nado en Pontevedra, pasaba longas tempadas na casa que os seus avós tiñan en Bueu no lugar da Graña. Súa nai dona Amalia Armesto e Aldán, da nobre familia dos Aldao do Morrazo. A súa avóa, Dona Carmen Aldao Sarmiento, herdou o pazo dos "Picos" do seu irmán José Joaquín falecido solteiro no ano 1895, así como o dereito ó marquesado de Monteleón.

bottom of page