OBSERVACIÓNS
“Protexer o invisible son 29 relatos sobre a metáfora da desaparición, das diferentes formas coas que se disfraza a extinción, do que foi e puido suceder doutra maneira, os elementos ventureiros do destino, a continxencia do azar. A ironía que nos salva das miradas señardosas sobre as nosas biografías [...] Movéndose entre o real e o irreal, Protexelo invisible configura escenarios de acontecementos, de sentimentos, de soños seguramente improbables, mais cos que nos podemos identificar [...] Protexer o invisible forma parte da codia transparente e irónica sobre a fraxilidade que o feito de existir esixe.” (Na contraportada do libro)
Cando se aproximen a súa obra no lles estrañe que en moitos dos seus relatos pasen de estar nun mundo idílico a que, de súpeto, lles salpique a escuma do mar. Dun mar, para el coñecido e interiorizado dende o barco pétreo que era a súa casa paterna no penedo de Pescadoira.