Pablo Refojos Leal
Pablo Refojos Leal, naceu na Banda do Río-Bueu en maio de 1983.
Ten ampla experiencia como adestrador, nacional e internacional, tanto nas actividades de formación do deportista como nas de alto rendemento.
A súa actividade laboral levouno a China, na cidade de Ulan Hot, onde traballa como adestrador de fútbol na Nama Ulan Hot Academy.
Compaxina o seu traballo de formación na Academia coa de profesor en cursos para adestradores.
Dentro da súa formación sinalar as Licencias da Federación Galega de Fútbol: “PRO” UEFA (nivel 3) da Federación Española de Fútbol 2015-16, a Licencia avanzado UEFA “B” (nivel 2) 2013-14, Licencia fútbol base UEFA (nivel 1) 2012-13.
E, dentro da actividade deportiva, outras como o Curso específico de accións a balón parado de Cenafe escolas.
Noutro orde temos que academicamente tamén posúe o Ciclo superior en acuicultura e bioloxía mariña (Igafa), patrón portuario, etc.
De Pablo tamén é moi destacable a súa faceta como xogador de xadrez afección na que destacou dende neno e na que tería un futuro exitoso de non ser porque se decantou polo fútbol:
Foi membro das seleccións galegas benxamín, alevín e infantil dende 1991 a 1995 .
Campión zonal provincial infantil en 1995
Campión do Péon de outro benxamín en 1992 gañando 9 de 9 partidas e sendo convocado a unha concentración da selección española da categoría.
Tamén foi subcampión zonal-provincial benxamín en 1991...