top of page
OBSERVACIÓNS
Novela baseada na traxedia sofrida por uns modestos mariñeiros galegos (4 deles de Bueu: Enrique Pereira, Benito Pérez Leal (do Outeiro), José Pérez Sobreira e Manuel Leal Cerviño (da Graña)) en augas de Xibraltar ao ser detidos polo destructor republicano "José Luís Díez" e posteriomente mortos por un fatal canonazo do cruceiro "Canarias".
Tamén aparecen as vivencias doutras xentes do mar e dos galegos en Andalucía (fundamentalmente na provincia de Cádiz).
Nesta novela o seu autor tivo moi enconta as aportacións e bo facer de persoas coma Gaspar Enrique Santos Pereira, José Regueira, Pedro Castilla e as aportacións de familiares dos distintos barcos implicados no acontecido neses días de agosto de 1938 en augas do Estreito.
bottom of page