top of page

Víctor Said Armesto

Naceu en  Pontevedra (1871-1914. Fillo de Federico Sáiz e de Amalia Armesto Aldao, herdeira do Pazo dos Picos (Bueu), onde pasou a súa infancia e xuventude ó lado da súa avoa Dna. Carmen Aldao Sarmiento.
Estudia Filosofía e Letras e Dereito na Universidade de Santiago. Foi  o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galaico-Portuguesa nunha universidade española e un dos máis grandes valores da xeración do 14. Moi mozo, ós 13 anos, publicou un libro de versos “Estrofas” e ós 15, funda o xornal “La Guindilla”. Crítico literario no xornal "La Justicia"; colaborando noutros moitos rexionais, estatais, americanos, e nas revistas "Blanco y Negro" e "Galicia Literaria". As súas obras máis coñecidas son entre outras, "Análisis y Ensayos", “La leyenda de Don Juan”, “Orígenes poéticos de ‘El burlador de Sevilla’”, “El convidado de Piedra”....
Investigador do folclore galego, recompila romances e cantares que publica en sendas se-leccións. Participou como letrista na partitura da opereta “La flor del agua”, estreada no Teatro da Zarzuela con grande éxito cando morría..

Bibliografía

  • "Análisis y Ensayos"

  • “La leyenda de Don Juan”

  • “Orígenes poéticos de ‘El burlador de Sevilla’”

  • “El convidado de Piedra”

  •  "Poesía Popular Gallega"

bottom of page