A poesía de Jesús Pérez Piñeiro "ʃusoviti"
Nado en Bueu en setembro de 1956. No ano 1975 consegue a mellor marca de España, quedando campión infantil en lanzamento de disco. Medalla de ouro (1976) e campión nos xogos internacionais da FISEC en Francia. Medalla de bronce en lanzamento de martelo nos campionatos de España (1976). Record provincial absoluto de Lanzamento de martelo desde 1975 ata 1985.
A súa faceta como poeta é coñecida e celebrada polos seus amigos que son as verdadeiras dianas deses dardos de palabras. A súa é unha poesía lúdico-festiva, irreverente onde a intención propende rachar co formalismo e as convencións.
O poema Extase na illa, atópase no catálogo de man dunha exposición do pintor bueuense Isidro Cortizo, a quen está dedicado.