top of page

Este libro ten as súas raíces en tres conferencias impartidas no 2013 no Museo Massó baixo o título “Travesía por tres momentos da historia de Bueu” e organizadas pola Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta.

Consta de tres ensaios sobre tres épocas da historia de Bueu.

O primeiro achéganos ao mundo romano do lugar de Pescadoira e a súa relevancia no mundo antigo da pesca e salga de Bueu: “O mundo da pesca no antigo Bueu. Algunhas notas históricas e arqueolóxicas” redactado por Fructuoso Díaz.

O segundo artigo acércanos á Idade Media do Ermelo monacal. Neste caso para subliñar “O mosteiro de Santiago de Ermelo:  A primeira memoria en pedra de Galicia”. Redacción feita polos profesores Miguel Romaní e Pablo S. Otero.

A terceira e última parte, escrita por Xosé Manuel Cerviño Meira e  Arturo Sánchez Cidrás abarca a pesca e a salga en Bueu dende o século XVII en diante. Esta parte por razóns operativas divídese en dous apartados: “A industrialización de Bueu. A salga e a pesca de sardiña nos séculos XVII e XIX” e “Apuntamentos das salgas e fomentadores de Bueu”.

OBSERVACIÓNS

Premer na foto da autora para acceder á súa ficha persoal

bottom of page