Álex Alonso, naceu en Vigo o ano 1968. Licenciouse en Filoloxía Galega e Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa como tradutor-intérprete da Administración de Xustiza na Audiencia Provincial de Pontevedra.
Gañou no 2010 o VI premio do Concurso Relatos de muller : Matilde Bares coa obra «Xénero imperfecto». convocado polo CIM e patrocinado polo Concello de Bueu.
Outras publicacións e premios:
-
No XII Certame Manuel Murguía, de narracións breves do 2003, coa obra Estremonías, obtivo unha Mención especial do xurado.
-
Premio de narrativa curta Ánxel Fole con Tempos de bebidas isotónicas e fast-food. Edt. Xerais (2016).
-
Gañou, ex aequo, con Crónica denigrante, a XXXI edición do premio Torrente Ballester de narrativa en galego da Deputación de A Coruña. O outro escritor sería Antón Riveiro Coello, con As liñas do paraíso.
VI Premio Relatos de muller Matilde Bares-2010
Alex Alonso
Texto en PDF:Premer aquí.
Ficha:Premer aquí.