VII Premio poesía Johán Carballeira-2002
Alexandre Nerium
Alexandre Nerium
seudónimo de Francisco Manuel López Martínez. Nado en Fisterra no 1960. Poeta e mariñeiro.
Figura en varias antoloxías; unha delas "De mar e vento. Cinco poetas de Fisterra" (1997) con múltiples premios: Rosalía de Castro, Antón Zapata, Meigas e Trasgos, Faustino Rei Romero, Santa Cecilia...
Obra poética:
-Vogar de couse (2003)
SENTINELAS DA BRISA
No tránsito: as gamelas encalladas na rampla,
as pezas encascadas ennegrecendo a area,
os ensebados imos subindo azuis bucetas,
o escálamo, os estrobos agardando na praia
o destonar do axexo da muda primavera.
Eramos tan cativos, gotas de madrugada,
axóuxeres de nácara rebuldando coas trallas
dun trasmallo engazado nado de nordesía
que esquecera a marmaña que ía esponxando
/ás cristas
dun mar de fin da terra a se espertar
/nas táboas.
....
Espiral Maior