VII Premio poesía Johán Carballeira-2002
Carlos Negro
Carlos Negro
Nado en Lalín no 1970. Profesor de Lingua e Literatura Galega.
Colaborador en revistas de Literatura e poesía coma Ólisbos e Dorna, así como nos boletín literarios da Fundación A Solaina de Piloño. Participou no libro contra a marea negra de "Negra sombra"
Obra poética:
-As laranxas de alí babá (1998)
-Far-west (2001)
-Héleris (2003)
[A Cacharela, ano 1948]
Estaba a vila, a rúa lenta, o letargo.
Rezos, calceta, cortinas, péndulos de chuvia.
Tamén unha campá, bronce das horas, praza, domingos.
Rosarios, miserias, silenzos, luz de estraperlo,
Nun tempo estanco, tránsito inerte, mausoleo.
I
Como unha princesa triste exilada do azul.
Bolboreta atrapada no engado dos espellos.
Nena que quixera ser tan alta como a lúa.
Pero que lava os soños coa auga da pileta.
II
De verme a pomba por trámite de sacramento
Pinga a pinga depurada do estigma da serpe.
Coa alma a clareo sobre unha pía bendita.
E rastros de sangue no furado dos pendentes.
...
Espiral Maior