VIII Premio poesía Johán Carballeira-2003

Lupe Gómez

Lupe Gómez

Lupe Gómez

Nada no 1972 en Fisteus (Curtis). Licenciada en Ciencias da Comunicación na U. de Santiago. Colabora en El Correo Gallego, A Nosa Terra e Galicia Hoxe.
Como narradora publica "Fisteus era un mundo (2001) e "Querida Uxía" (2002)

Obra poética:

-Pornografía (1995)
-Os teus dedos na miña braga con regra (1999)
Poesía fea (2000)
-O útero dos cabalos (2003)
-Levantar as tetas (2004)

O ÚTERO DOS CABALOS
ESTOU no interior
do útero
dos cabalos.
Atravesar os prados.
Rachar as cordas vocais.
Abrir o incendio.
Bailar. A poesía
é matar. Morrer.
Berrando. Co estómago
aberto, para que entre
en nós o mar.
Non quero estar preñada
de coitelos.
Quero estar na auga sucia,
cun vestido azul,
sen zapatos.
...

 

                                           Espiral Maior