top of page

VIII Premio Xornalismo Johán Carballeira

2010

Moncho Paz (Ramón Paz González)

Moncho Paz

 Moncho Paz

Nado en Vilalba en 1970. Licenciouse en Ciencias da Información (rama de Xornalismo) pola Universidade Complutense de Madrid. Especializado en Comunicación Corporativa e en Xestión Empresarial, comezou en 1988 no xornal El Progreso de Lugo, onde segue a colaborar nas páxinas de "Opinión" e "Cultura". Forma parte do staff de redacción de Código Cero, Revista de Noticias Tecnolóxicas de Galicia. É membro da Asociación de Xornalistas de Galicia, da Asociación de Directivos de Comunicación (DirCom), do Club de Expertos Euro da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e do Instituto de Estudios Chairegos (Vilalba, Lugo). Co-fundador de "Voz de Vilalba". Foi director da revista “Petroglifo” e responsable de prensa da Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia. Desde 1996 desempeña o cargo de consultor de comunicación en IDOM, S.A. (empresa multinacional de servicios profesionais de Enxeñería, Arquitectura e Consultoría).

 

BIBLIOGRAFÍA:

Entre as súas publicacións destacan: Destino: Mozambique (reportaxe en El Progreso), Cela, Periodista, prólogo ó poemario Loita de silencio de Xosé Miguel Barrera, El Progreso, diario de Lugo y su provincia (estudio publicado na revista “Lucensia”) e La Obra poética de Antonio García Hermida, incluída no libro Os poetas de Villalba, así como numerosos artigos sobre comunicación e xestión empresarial.

 

Artigo"Ramón Chao: Entrei en Radio France porque falaba galego"

Publicado o 4-7-2010

 

bottom of page