top of page

Manuel Verde Loveira

Manuel naceu en As Castiñáns-Cela-Bueu no 1966. Mestre nos centros públicos de Cela e Bueu. Pertenceu a un grupo de entusiastas estudiosos que no ano 1991 sacaron á luz un libro “En la ruta del románico: LA IGLESIA SANJUANISTA DE STª MARÍA DE CELA”, editada pola Deputación Provincial.
Nel fan unha reseña histórica da parroquia de Cela e un estudio artístico da igrexa de Stª María, marabilla arquitectónica do románico do século XII. O seu estudio complétase coa organización da parroquia como unidade relixiosa, ermida de S. Lourenzo, capelas da Virxe do Portal, mosteiro de Ermelo,...
Reseña histórica da Parroquia de Cela. Estudio artístico de Stª María de Cela. 
Tamén participou noutros proxectos divulgativos da parroquia de Cela

Bibliografía

  • “En la ruta del románico: LA IGLESIA SANJUANISTA DE STª MARÍA DE CELA”

  • Coresponsable do libro: "Os muíños de auga na Parroquia de Cela"

  • Coautor do libro: "Narrativa de tradición oral na parroquia de Cela"

 

bottom of page