V Premio Xornalismo Johán Carballeira
2007
Mónica Lázaro Jodar - Lois Pérez Leira
Mónica Lázaro Jodar
Nada en 1968 en Códoba (Arxentina).Xornalista polo Colexio Universitario de Xornalisno da cidade natal. Tamén Locutora Nacional outorgado polo Comité Federal de Radiodifusión. Licenciouse en Comunicación Social na Universidade Católica de l Estero.
Como xornalista traballou no diario chileno "El Día", dirixiu a revista "Brisas de Murcia" (do Centro Murciano de Córdoba).
Premiada con múltiples mencións e distincións como no I Concurso Literario "Huellas del pasado"; a distinción "José Álvarez de Sotomayor" do Centro Andaluz en Mar de Plata.
Realizou traballos sobre os galegos na Arxentina para a Confederación Intersindical Galega (CIG).
Coautora de varios libros e do artigo gañador do V Premio de Xornalismo Johán Carballeira.
Artigo"A miña nai era a aia do Che Guevara".
Publicado o 26 de outubro de 2007
na web "galiciacig" (logo por 'España Exterior')
Lois Pérez Leira
Nado en Vigo no ano 1953. Dende neno emigrou cos seus pais á Arxentina onde co paso dos anos participou na vida política e nas actividades da colectividade galega.
A súa actividade no mundo estudiantil foi grande: foi presidente da Confederación Arxentina de Estudantes Secundarios, da directiva do Centro de Estudantes de Filosofía e Letras,... militante da Federación Xuvenil Comunista,...
Volta ao seu Vigo natal en 1990 especializándose en temas migratorios, tema sobre o que escribiu numerosos libros e artigos.
Director, case 20 anos, de emigración da Confederación Intersindical Galega (CIG).
BIBLIOGRAFÍA
-
O Galego Soto, líder da Patagonia Rebelde
-
Protagonistas dunha epopea colectiva
-
Galegos na Bahia de Todos os Santos
-
Galegos no Sindicalismo Americano
-
Galegos na Arxentina, unha ollada fotográfica
-
Galegas na diáspora (coautor)
-
Galegos vítimas do xenocidio arxentino (coautor con Mónica Lázaro Jodar)
-
Cuba, os Galegos e o Che
-
Carmen Arias, a nai galega do Che (Coautor con Mónica Lázaro Jodar)
-
Ramón Suárez Picallo, o primeiro deputado da Emigración
-
Antonio Soto, desde Ferrol ata o fin do mundo
-
Mulleres da Emigración
-
Desaparecidos españois na Arxentina
-
Protagonistas dunha epopea colectiva. Tomo II
Dirixiu 18 documentais.