Eva Mejuto nada en Sanxenxo no ano 1975. Doutora en Xornalisno pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa tese de doutoramento a fixo sobre o realismo social no álbum ilustrado: «Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas».
Traballou no sector editorial infantil, en Kalandraka e OQO, desde 1998 ata o 2016, nos que coordinou aspectos relacionados coa Comunicación e Proxectos. Froito desta actividade foron libros como “Los cuentos del Camino”, “Cocina de cuentos”, etc..
Como docente colaborou en diversas universidades como a Universidad Católica de Lisboa, Universidad Oberta de Catalunya e na de Vigo dando coma materia ”Proceso Plástico Secuencial” no máster «Libro Ilustrado e Animación Audiovisual».
Premio ‘Relatos de Muller, Matilde Bares’ coa obra «Matilde» na que describe unha viaxe polo Bueu dos anos 30 do século pasado e, segundo o xurado “está escrito con gran sensibilidade” narrando “unha historia que conten unha gran carga emocional, de renacer cada día de desolación e alcanzar a esperanza”.
Escribe fundamentalmente dentro da narrativa infanto-xuvenil:
-
A casa da mosca chosca (2002). Kalandraka. Adaptación de Eva Mejuto a partir dun conto popular ruso. Foi publicada en catalán, éuscaro, castelán, portugués, inglése italiano.
-
Rato de campo e rato de cidade (2002). Kalandraka. Foi publicado en castelán por Kalandraka.
-
O zapateiro e os trasnos (2003). Kalandraka. Adaptación dun conto popular. Foi publicado en castelán.
-
Corre, corre, cabaciña (2006). OQO Editora. Adaptación dun conto tradicional portugués. Foi publicado en castelán, catalán, portugués e italiano.
-
Tres desexos (2007). OQO Editora. A partir dun conto tradicional portugués. Foi publicado en castelán e en italiano
-
(2014). OQO Editora. A partir dunha canción tradicional polaca.
-
22 segundos (2017). Xerais. Foi traducida ao castelán.
-
Memoria do silencio.(2018). Xerais.
-
Dez gatiñas viaxeiras. (2019). Xerais.
En obras colectivas:
-
Los cuentos del camino (2013).
-
Minilibros imperdibles 1 (2016).
-
Camiños (2017). Magín Blanco. CD-Audio
Como tradutora:
-
As clases de tuba, de T. C. Batlett
-
A viaxe das bolboretas, de Paula Carbonell (2006)
-
O oso e o corvo, de Monika Klose (2007)
-
, de Helga Bansch (2007)
-
Pétala, de Pep Brun & Luciano Lozano (2008)
-
A cociñeira do Rei, de Soledad Felloza (2014)
X Premio Relatos de muller Matilde Bares-2020
Eva Mejuto