X Premio poesía Johán Carballeira-2005

Paco Souto

Paco Souto

Paco Souto

 

Nado en A Coruña no 1962. Poeta, ilustrador de libros, xornalista radiofónico, actor de teatro e dramaturgo ("Amar non ten laranxas" - 1994). Coa súa poesía acadou o premio Espiral Maior de 1994 e o Johán Carballeira (2005).

 

Obra poética:

-As árvores do incesto (1995)
-Fado (1998)
-Crebar cristais coa lingua (2003)
-As horas de María (2006)

PÓRTICO

NAI

Que o tempo pasa

Que os anos se nos van botando enriba

Como ladróns

Que nos doe nos ósos a inocencia

Que xa morreron as maceiras

Nai

Que as horas non saben de donos

E véñennos enferruxando os versos

Que os versos nai

A ferralla nai

Enrancia o corazón aberto en chagas

E as veas

E María

Co seu nome

Enchéndonos de vez a boca aceda

De tanto chamala.

 

                                           Espiral Maior