XI Premio poesía Johán Carballeira-2006
Carlos Lema
Carlos Lema
Nado en San Sadurniño no 1958. Editor (Sotelo Blanco Edicións e Editorial Galaxia -director-)
Colaborador de "Diario de Galicia" e "El Ideal Gallego"...
Membro do consello de redacción da revista Grial...
Obra poética:
-O xeito de Freud
IDADES
DOUS ou catro
círculos laterais
a deambularen coma coches gastos
cando envías
esa postal con paxaros que descansan
nun derradeiro espazo sen espazo, unha cruz
no aire, un baleiro?
Pero colocas
bomboneiras na mesa perdida da memoria,
no oculto,
porque opós unha actitude
que me acorda ese xesto co que pasas dunha
/carta á outra -tinta, debuxos, carimbo-,
de muller no cuarto onde o can ouvea, laídos
na mente do peixe.
...
Espiral Maior