XIV Premio poesía Johán Carballeira-2010
Carlos Solla Varela
Carlos Solla Varela
Nado en Cerdedo-Pontevedra no 1971. Licenciado en Filoloxía Galega. Premiado co Johan Carballeira (2011) e Premio de Poesía Victoriano Taibo (2011)
Participa en obras colectivas e en revistas coma: X Festival da poesía no Condado (1990. Homenaxe a Inés Canosa (2000), Poesía contemporánea: Tabeirós-Terra de Montes (2005), Pontevedra literaria (2007), Polifonías II... Dairas (2011); Madrygal, Dorna, Verbo Xido, Fol de Veleno, Arraianos...
Obra poética:
-Xábregho (1999)
-Mel de arañas (2000)
-Terras raras (2001)
-Lume de ollos en MazinGZ (2012)
-Holocausto zacoe (2011)
koyi kabuto XV
robot mázinger
sempre me aseñorou,
por máis que eu lle pedía que me atuase;
robot mázinger nunca dixo unha palabra máis
/alta ca outra,
nin cando o encirraba para acometermos
/audacias propias
de unidades de combate máis evolucionadas:
un land rover, un pegaso troner, un ebro-kubota...,
poño por caso;
nin cando lle escamoteaba un cambio de aceite,
nin cando o deixaba mal estacionado.
robot mázinger xamais me pediu que saíse o /safety car.
- amo koyi.
- fala, mázinger.
- xa non o amo.
Espiral Maior