top of page

XIX Premio poesía Johán Carballeira-2016

Pura Tejelo Núñez

Pura Tejelo

Pura Tejelo Núñez

 

O poetisa Pura Tejelo naceu en A Coruña. 

En 2014 gañou o segundo premio do II Certame de Poesía en Lingua Galega Manuel María, da Casa de Galicia en Guipuzkoa, coa obra 'Éramos deuses entre a herba seca de agosto'. En 2016 gañou o Premio Johán Carballeira co poemario 'A elegancia do século'.

O xurado destacou a maneira en que a autora “explora o cotián dun xeito profundo e elaborado, empregando un repertorio de imaxes que con nitidez nos trasladan á anécdota ou situación que deu orixe á reflexión lírica”. Así mesmo apuntaron que son poemas con moita variedade temática e que presentan unha unidade interna.

 

 

Obra poética:

-Éramos deuses entre a herba seca de agosto

-A elegancia do século

BAIXO A LÚA VELLA

 

Baixo a lúa vella de ventá redonda e clara

debruzada nun alféizar de vértigo,

el vén

coa súa xabelina,

extenuado

da súa proba iniciática.

Abaixado

é un león vencido

porque non hai selva na que baterse,

deserto

de infelicidade.

Ela agarda no dintel

arroupada nun mandil de lúa

nun arrabaldo a tramán do mundo

onde regresan os pobres á medianoite

 

e golpean co desespero

o que aman.

 

 

bottom of page