Xulio Formoso Fernández
Xulio Formoso Fernández é artista plástico, músico, xornalista, escritor, enxeñeiro informático, etc., galego-venezolano nado en Vigo o 14 de xullo de 1949 e falecido en Madrid 0 6 de novembro do 2018.
En Bueu viviu, no Pazo dos Picos (1), coa súa nai Julia Fernández desde os anos cincuenta ata 1965 que marcharon para Venezuela país onde estaba exiliado o seu pai, Julio Formoso (2).
En Bueu comezou na escola de D. Julio e anos máis tarde na de D. Manuel Omil (3).
En1970 forma parte dun reducido grupo de cantautores influentes na música protesta venezolana. . Neste mesmo ano publica, con outros músicos galegos, o álbum Galicia canta; gravado e editado en Caracas, e concibido e titulado polo poeta Celso Emilio Ferreiro, que participou nunha das cancións, Pandeirada do Ché, tocando o pandeiro con Xulio. Varias das cancións que Xulio compuxo e gravou neste disco foron versionadas e gravadas por outros artistas como Pilocha e Luar na Lubre.
Membro fundador do grupo de teatro Rajatabla en 1971, a súa actividade centrouse na música como cantautor. Este grupo é todo un referente no mundo do teatro venezolano.
En 1971 publicou o seu primeiro álbum oficial, Xulio Formoso. Despois da fundación do Grupo Rajatabla, realizou o seu primeiro traballo musical para o teatro na obra Tu país está feliz, escrita polo poeta brasileiro Antonio Miranda e dirixida por Carlos Giménez, que acadou as seiscentas representacións. Formoso gravaría un disco coas cancións que compuxo para a obra
En 1972 compuxo a música de Venezuela Tuya, de Luís Brito, que foi moi polémica, e coa que Rajatabla gañou algúns dos premios teatrais máis importantes de Latinoamérica. En 1973 compuxo música para diferentes programas de radio e televisión de Venezuela e gravou o LP Chipi Manahuac, de claras influenzas incaicas, froito das súas viaxes por Perú, Bolivia, Ecuador e Chile, e compuxo a música da obra Jesucristo astronauta, tamén de Antonio Miranda. En 1974 Formoso actuou e cantou en El elefante volador, un expectáculo infantil de María Elena Walsh .
En1974 gravou o LP, La canción que va conmigo, título dun poema de Celso Emilio Ferreiro, quen figura con varias letras no disco. Posteriormente viaxou a Puerto Rico e á República Dominicana, de onde foi expulsado por causa dun recital no cárcere de presos políticos. Ese mesmo año, interveu activamente na campaña do Movimiento al Socialismo (Venezuela), participando en numerosos actos e gravando un disco dedicado ao movemento socialista. Dous anos antes, Xulio Formoso tiña celebrado recitais no Chile da Unidad Popular, actuando xunto aos irmáns Parra. En1973 fuxiu por pouco ao golpe a Salvador Allende, cando xa todo estaba disposto para a gravación dun LP seu sobre ternas chilenos.
En 1975 publica o LP, dedicado á obra do poeta cubano Nicolás Guillén, disco no que experimentou cos ritmos afrocaribeños. Ese ano compón a música e actúa en El séptimo ángel, de Ernesto Cardenal, e asemade realiza un programa especial na televisión nacional baseado no poemario Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro. O seu disco Levántate, Rosalia, de 1976 foi dedicado á obra poética do venezolano Aquiles Nazca. En 1977 grava Soles y centauros, baseado na conquista de México e compón a música para El círculo de tiza caucasinao, de Bertolt Brecht, obra na que actuou como narrador e cantor. Á resistencia antifascista chilena no exilio, Formoso dedicoulle ese mesmo ano o LP Fuego y poesia. En colaboración co poeta galego Farruco Sesto, gravou en 1978 Amantes de ningún lugar e Primeras canciones. En 2009 De par en par. Entre l 980 e 1990 a actividade musical de Formoso minguou após graduarse de enxeñeiro civil na Universidad Santa María e logo na Universidade estadounidense UTSA de San Antonio (Texas) enxeñeiro de sistemas dedicarse actividade a que se dedicou durante uns anos profesionalmente.
En 2002 regresou con dous concertos no teatro Juan Bautista Plaza, que foron gravados e publicados co título En el JB Plaza, e no 2004 compuxo a peza sinfónica Cantata a Bolívar (4) baseada no poema homónimo de Pablo Neruda. A principios de 2006 compuxo as cancións para o álbum Canções Perversas, con letras de Antonio Miranda, gravado e editado en Brasil e interpretado por George Durand.
En xuño dese ano foi nomeado polo goberno de Venezuela como Presidente da Fundación Centro Nacional del Disco (CENDIS). Unha das primeiras gravacións desta institución foi Anda suelto el animal, en 2008, unha caixa de tres CD’s con 39 cancións, un DVD e un libro, produto da colaboración entre Formoso e Farruco Sesto, no que contou coa participación de importantes cantantes e músicos venezolanos. Froito desta colaboración de Xulio e Farruco en novos proxectos foi a serie de concertos De par en par a finais de 2009.
Artista plástico e escritor
Xulio Formoso sempre se desenrolou tamén como artista plástico de vangarda. A súa última gran exposición en Venezuela, Objetos dispersos tivo lugar en 2008 na Galería Red de Arte de Caracas, onde mostrou debuxos e pinturas en grande formato enmarcados dentro da corrente artística do Pop Art. E no agosto do 2017 expón, na sala Amalia Domínguez Búa, caricaturas de personaxes relacionados con Bueu e Galicia en xeral, así como as ilustracións dos libros de tres autores bueuéses.
Dende 2007, escrebe como columnista e articulista en diversas publicacións culturais venezolanas como o semanario Todos adentro.
Dende 2013 colabora en Faro de Vigo, xornal no que ilustra textos de Francisco R. Pastoriza, e tamén no diario on line Periodistas en Español.
Notas:
(1) Falar da Casa-Torre do Casal, ou Pazo do Casal, “dos Picos” ou da Graña é falar das antigas fidalguías baixomedievais na comarca do Morrazo.
Atribúeselle a súa fundación, no século XV, á familia dos Fernández Aldao cuxos descendentes serían propietarios do mesmo ata que o 18-1-1914 foi mercado por Miguel Costas Acuña e logo herdouna seu sobriño Jesús Fernández Gutierrez tío de Xulio Formoso.
(2) Natural de Carnota (A Coruña) piloto da mariña mercante que na Venezuela dos inicios dos anos setenta do século pasado chegou a Xefe de prensa da Dirección General de Minas.
(3) Entre una escola e a outra estivo un par de anos no Apóstol Santiago de Vigo.
(4) Polo centenario de Pablo Neruda. Coa actuación da Orquestra Filarmónica Nacional de Venezuela e o Coro de Ópera Teresa Carreño.
Biografías de Xulio Formoso nas web
Audios de Xulio Formoso
Vídeos de Xulio Formoso
O dedo na chaga
Galicia Canta
El animal anda suelto
Pandeirada do Che
Galicia Canta
Pola longa lonxanía
Galicia Canta
A historia do meu pobo
Galicia Canta
Cholo Peruán
Galicia Canta
Un vento ven
Galicia Canta
Malintzin
Soles y Centauros
Premer na imaxe para acceder a todo o disco
Galicia Canta
Se queres unha caricatura feita por Xulio Formoso
ou consultar información ao autor premer nos debuxos
Exposicion en Bueu de Xulio Formoso.
Presenta Francisco R. Pastoriza. Ao pandeiro Luís Ferreiro (fillo de Celso Emilio) Ferreiro. Á guitarra Emilio Rodríguez
1953 -Bueu. Escola de D. Julio
Autocaricatura - Xulio Formoso
Xulio Formoso-Celso Emilio-Nacho Sesto
Xulio Formoso en Bueu-2016
Xulio e Antonio Miranda
.sfw
Entrevista a Xulio Formoso en TodosAdentro - setembro 2017