top of page

XV Premio poesía Johán Carballeira-2012

Berta Dávila

Berta Dávila

Berta Dávila

A poetisa e novelista Berta Dávila naceu no 1987 en Santiago de Compostela .
Premiada polos seus poemas en: Premio Minerva de poesía (2005), XI Premio de Poesía Avelina Valladares (2007) e Premio Johan Carballeira (2012) por Raíz da fenda.
Premiada, tamén, pola súa novela no Premio Biblos por "Bailarei sobre a túa tumba" (2012)

 

 

Obra poética:

-Corpo baleiro (2007, Espiral Maior).
-Dentro (2008, Ed. Fervenza). 
-Raíz da fenda (2013, Ed. Xerais)

                     I

Acabo de escoitar o ruído da porta

pechando cun só golpe.

Vibraron un instante as fotografías tras os

                                                           / cristais

as taciñas chinesas na vitrina.

Podo evocar o teu dedo índice

premendo os botóns fríos do elevador.

Duplícote baixando a escaleira de mármore

e magóanche os zapatos novos.

Aí onde remata o ruído da porta

pechándo cun só golpe

comeza xa o poema.

Avó,

fas moi ben en marchar:

aquí ninguén te quere.

 

                                          Xerais

bottom of page