top of page

XVI Premio poesía Johán Carballeira-2013

Marta Dacosta

Marta Dacosta

Marta Dacosta Alonso

A poetisa Marta Dacosta naceu no 1966 en Vigo. Licenciada en Filoloxía galega-portuguesa.
Premiada, entre outros, cos premios: Asociación Cultural O Grelo (1993), González Garcés (1995), Martín Códax (1998), accésit do Fermín Bouza Brey (1993) e do Esquío (1999) e Johán Carballeira (2013).
Parte da súa obra tamén está presente en antoloxías coma "Para saír do século, nova proposta poética", etc.

 

 

Obra poética:

-Crear o mar en Compostela (1993).
-Pel de ameixa (1996). 
-Setembro (1998)
-As amantes de Hamlet (2003)
-Dun lago escuro (2014)

    semella u espello

a súa lisa superficie

 

espello plácido

que oculta

baixo o azougue

a putrefacción das augas paradas

 

a profundidade do dano

 

a escuridade da descomposición

 

a dimensión do engano

 

o volume da mentira

 

bottom of page