XVII Premio poesía Johán Carballeira-2014
Mª del Carmen Caramés Gorgal
Mª del Carmen Caramés
A poetisa Mª Carmen Caramés naceu en Santa Comba (A Coruña) no ano 1966. Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación (Psicoloxía). Na actualidade exerce como profesora nun IES.
Premiada, entre outros, cos premios: "VII Concurso Relatos de muller: Matilde Bares" coa obra "Lola" (2011), II Premio de Poesía Victoriano Taibo" coa obra "Cuarto minguante" (2009), Premio de narrativa "V Concurso Relatos de muller, Matilde Bares" con Días de namorara(2009), Mención especial no "Premio Nacional de narraciones cortas Modesto F. Figueiredo" da Fundación Pedrón de Ouro coa obra "Ai, padriño!" (2011), Primeiro Premio no "XII Certamen Nacional de Poesía Manuel-Orestes Rodríguez López" co poemario "No nome da nai" (2007), Accésit "X Certamen de Poesía Francisco Añón" co poemario "Nas marxes do tempo" (2006) e Primeiro Premio do "Certame Rosalía de Castro" coa obra "Escolma" (2004).
Obra poética:
-Escolma (2004)
-Nas marxes do tempo (2006)
-No nome da nai (2007)
-Cuarto minguante (2009)
-Dos días escuros ()2014)
Eu non sabía que no reverso da paixón
medraba un becho infecto,
un zume docemente envelenado
que oxida
e corrompe
e desvirtúa a transparencia
da palabra e do xesto
dende dentro.
Eu non sabía da perfidia que se agocha
na cegueira irreversible dos covardes.